15 de xuño de 2020

Nada cambia nin se transforma

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


O pasado venres 12 de xuño retomamos a mesa de negociación do Convenio, de xeito telemático. O obxectivo prioritario, dada a situación da negociación no momento da súa interrupción, é establecer unha nova prórroga da , xa que a actual vence o próximo 30 de xuño e, co parón provocado pola crise sanitaria, non é suficiente o prazo establecido en decembro pasado.

A proposta da CIG foi establecer unha prórroga «sine die» que permita unha negociación equilibrada na actual situación ou, no seu defecto, como mínimo ata o 31 de decembro de 2020 revisable.

AEB respondeu a esta proposta, dicindo que non é posible unha indefinición porque corremos o risco de acomodarnos e non avanzar na negociación (máis ben a súa pretensión é utilizar como medida de presión esta limitación temporal na procura dun acordo beneficioso para a patronal), propoñendo como data posible o 31 de outubro, aberta a posible ampliación de ser necesario en función das circunstancias. Concretarán a súa posición na próxima xuntanza.

Volveron lembrarnos as súas propostas para este convenio que, en liñas xerais, supoñen baleirar de contido o Convenio e continuar a recortar dereitos:

  • Manteñen a pretensión de flexibilidade total para establecer horarios, suprimindo as limitacións actuais do artigo 27.3 de CCB, e non aceptan a supresión do artigo 27.4, demandada polas representacións sindicais.
  • Supresión da antigüidade, conxelando os trienios alcanzados para as persoas actualmente en activo.
  • Ningunha suba salarial para 2019 e 2020, condicionando calquera suba para 2021 e 2022 a acordos sobre propostas como a supresión da antigüidade e resto de materias.
  • Traslados, incrementar o límite actual que non ten a consideración como tal de 25 a 50 quilómetros.
  • Suprimir duplicidades recollidas no convenio que xa figuran nas normas laborais de carácter xeral, eliminando así a posibilidade de recoller no propio convenio melloras con respecto a esas normas.
  • Endurecer o réxime disciplinario, coa inclusión de novas faltas e modificación de clasificación e sancións.

Non podemos permitir que coa escusa da limitación temporal ou das restricións sanitarias, a patronal pretenda, máis que nunca, tirar proveito da situación. Se o persoal das entidades dá de si o mellor cada día, fronte a calquera circunstancia, todo ese esforzo debe ser recompensado. Plantarémoslle cara! A próxima reunión está fixada para o día 29 de xuño. Seguiremos informando.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 200615 [.pdf • 109 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA