GRAZAS ! Pola confianza recibida
O sindicalismo próximo a ti, comprometido contigo, combativo a favor teu, forte e útil para todas e todos e sensíbel á problemática laboral e persoal que afrontamos cada día no traballo bancario, gaña máis forza coa confianza e respaldo recibido neste proceso electoral para situarse con vantaxe á cabeza da representatividade galega na entidade. Unha ferramenta sindical insubornábel ás presións e totalmente independente de pactos limitadores, para asegurar unha acción sindical eficiente na defensa dos dereitos e condicións laborais das persoas que traballamos no BBVA. Grazas a todas e todos.

Evolución representatividade Eleccións Sindicais BBVA 2015–2019
…e van escoitarnos en Bilbao, na Xunta de Accionistas.
O sindicalismo sen ataduras da CIG estará, de novo, na Xunta de Accionistas en Bilbao para ser a túa voz e poñer en evidencia, diante das persoas asistentes e perante a opinión pública e de medios de comunicación, as políticas laborais que vimos soportando no BBVA. É unha ocasión que non podemos deixar de aproveitar a favor de todas e todos.
Delega o teu voto na CIG. Envía a túa delegación de voto asinada a favor de Carmen García González á oficina 2200 (Cantón – A Coruña) ou entrégalla a calquera das nosas delegadas e delegados das distintas provincias.
Con máis CIG ti es máis forte!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA