Tal e como xa vos comunicamos, a CIG dirixiuse ás patronais AEB (Banca), ACARL (Bancos procedentes das antigas Caixas) e ao FROB, solicitando o recoñecemento de dito dereito para evitar que podamos ser forzados a participar en desafiuzamentos, na comercialización de produtos complexos en tramo minorista, e na quita á clientela afectada pola estafa monumental das preferentes e obrigas subordinadas.

A nosa proposta debaterase tamén no Parlamento Galego, toda vez que o Grupo Parlamentar do BNG, por iniciativa propia que agradecemos, ten presentado unha proposición non de lei, [.pdf • 57 Kb] para que este se pronuncie a favor do dereito dos traballadores e traballadoras do sector á obxección de conciencia.
Pensamos que a aprobación por parte do Parlamento Galego, nos termos propostos, sería un importante paso adiante, que ademais evidenciaría ante a sociedade que os culpables da mala praxes son outros.
Moitos traballadores e traballadoras son vítimas dunha violencia crecente no seu traballo; entendemos que a nosa reclamación do dereito á obxección de conciencia sería un importantísimo paso para rematar con esta situación, delimitando as responsabilidades de cada quen.
Polo recoñecemento do noso dereito á Obxección de Conciencia
SI SE PODE!!!
SI SE PODE!!!

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA