29 de abril de 2013

1º Maio: Participa coa CIG

1º maio
Partido Popular — Unión Europea
menos dereitos, máis pobreza

Temos que poñer punto e final a este roubo, a este saqueo contra a poboación máis débil, contra a clase traballadora


Temos que paralos



CONSTANTES reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as.

Atacan as nosas pensións insistentemente, os nosos dereitos no traballo abaratando o despedimento, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza.

Somos vítimas dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e como consecuencia castigando a pensión de todos e todas as que perderon o seu traballo.

Redúcennos as prestacións sanitarias atacando a nosa saúde, eliminan servizos e privatizan hospitais para negocio das empresas dos seus amigos; dánlle o poder ás mutuas para as baixas por enfermidade, encarecen a universidade para as fillas e fillos da clase traballadora, mentres dan centos de millóns ao ensino privado para os fillos e fillas dos ricos/as.

Por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol, Santander, Iberdrola, Gas Natural, BBVA e 28 grandes empresas máis que segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000 millóns de euros a paraísos fiscais); e por que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos/as, que segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000 millóns de euros ao ano? Porque gobernan para eles.

O gasto social no Estado español (pensións, sanidade, ensino, axudas, subsidios, etc.) é un 15% menor que a media da Unión Europea.

Por que matan a industria galega, o naval, a pesca, o noso sector agroalimentario, destruíndo miles de empregos na nosa nación, só para contentar a Europa?

Xa anuncian novas reformas antes do verán, máis pobreza e paro. Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor será para os nosos fillos e fillas.

Participa na manifestación do 1º de Maio, participade nas nosas manifestacións:

Horarios (CEST)





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 2013_1maio [.pdf • 427 Kb]




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA