29 de abril de 2025

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

1º Maio: Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras

Este Primeiro de Maio as traballadoras e traballadores galegos temos que tomar as rúas nunha xornada de denuncia e de loita contra as guerras imperialistas e a militarización da sociedade; contra a UE do capital e da extrema dereita e pola defensa dos servizos públicos, os dereitos laborais e un proxecto soberano para .

Vivimos nun momento de profunda crise global, marcada pola ofensiva do capitalismo neoliberal que pretende reforzar as súas estruturas de dominación de clase e opresión colonial sobre os pobos e nacións.

A Unión Europea amosa a súa submisión aos intereses dos EE.UU, mentres a extrema dereita medra no seu seo, consolidando un proxecto reaccionario que prioriza os gastos militares sobre os dereitos sociais.

O Estado español acepta plans de axuste que recortan o gasto público e camiñan cara a privatización dos servizos básicos en materias como a sanidade, a educación ou a vivenda. Políticas que precarizan as condicións de vida da clase traballadora con reformas que teñen como obxectivo rebaixar salarios e flexibilizar os dereitos das traballadoras e traballadores.

Mentres avanza a desertización industrial e social en comarcas enteiras, abandonadas polas administracións, o Partido Popular mantén a súa carreira desenfreada pola depredación dos nosos recursos naturais e minerais. O espolio dos nosos recursos ao servizo do desenvolvemento doutros territorios, aprofundando os impactos sociais e medioambientais negativos.

E todo isto ocorre avalado por un diálogo social fraudulento, usado como cortina de fume para impor todas estas medidas e todo unha paquete de reformas laborais e da seguridade social que legalizan a precariedade, os baixos salarios, a pobreza laboral, aumentan as desigualdades e o desmantelando do sistema público de pensións.

Por todo iso, neste 1º Maio, son urxentes unhas novas relacións internacionais sen subordinacións, sen explotación nin dependencias, fundamentadas no dereito de autodeterminación, no respecto á soberanía económica e política dos pobos e nacións para a construción dun mundo necesitado de xustiza, solidariedade, cooperación, igualdade e paz.

Saiamos ás rúas a clamar por «Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras».

Manifestacións ás 12 h. *agás en Ourense e Vilagarcía (11:30 h) e Cangas (18 h).


Neste Primeiro de Maio mobílizate coa CIG




Ligazón relacionada:

Vídeo: YouTube  [.mp4] 46'8 Mb



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Panfletos 1 de maio [.pdf • 1 MB]


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA