
O 10 de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega, que a CIG chama a conmemorar en todas as comarcas para reivindicar, con 12 medidas, traballo, igualdade e salarios dignos nunha Galiza con dereitos.
Ofrenda floral ás 12 h. en Ferrol no monumento 10 de marzal.
Manifestacións ás 20 h. *agás en Vigo (19 h) e Compostela (19:30 h).
- A Coruña: dende a praza de Vigo.
- Ferrol: dende o local da CIG
- Compostela: dende a praza Roxa.*
- Lugo: dende o local da CIG
- Ourense: dende o local da CIG.
- Pontevedra: dende a praza da Peregrina.
- Vigo: dende o cruce da Dobrada.*
- Vilagarcía: dende a casa do Mar.
Os dereitos conquístanse
Reclamamos as loitas protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972 durante as que foron asasinados en Ferrol, pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla. Loitas que comezaron en Ferrol no mes de marzo e que, meses despois, se estenderon a Vigo por mellores condicións de traballo e por defender a negociación colectiva en Galiza.
Todos os indicadores públicos sobre a realidade laboral e social reflicten un empeoramento dos empregos e da perda de poder adquisitivo dos salarios. Cada día é máis a precariedade a e pobreza laboral, a desigualdade, a fenda de xénero e a desprotección social.
Ter traballo non implica acceder a dereitos básicos como a alimentación e a vivenda, nomeadamente entre a xente nova e as mulleres.
Un Goberno que busca reforzar a dependencia económica e política galega ao sistema centralista español, mentres agonizan máis sectores produtivos e a desertización social e industrial é maior, así como a emigración e o avellentamento da poboación.
Nesta realidade cuestiónase o noso dereito a negociar e decidir en Galiza os nosos convenios colectivos para termos mellores condicións de traballo e salarios dignos.
Recoñecer este dereito é poder democratizar a negociación colectiva ante a permanente centralización en convenios estatais negociados por cúpulas sindicais sen a participación das persoas traballadoras.
Está na nosa man e na nosa capacidade de organización sindical e de loita frearmos este retroceso e precariedade que representa a fórmula perversa de neoliberalismo-diálogo social-estatalización.
Debemos confrontar esta situación ante os gobernos e ante a patronal desde o convencemento de que as políticas favorábeis para a clase traballadora e para o pobo galego non son concesión bondadosa dos gobernos nin nacen do diálogo social. Os dereitos conquístanse loitando.
Son tempos de loita
Este 10 de Marzo mobilízate coa CIG
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA