14 de abril de 2023

O Banco preséntanos un Plan Piloto de peches parciais de oficinas

O tempo deunos a razón. Só a CIG se opuxo ao peche de oficinas, sobre todo no rural. Agora a caída do Silicon Valley Bank ou do Credit Suisse demostrou que a liquidez, é dicir, o pasivo, é fundamental. Era previsible que a liquidez do BCE rematase, algo que a Dirección do Banco non valorou guiada polo curto pracismo. Pero o BBVA tropeza dúas veces coa mesma pedra e xa nos anunciou un Plan Piloto de peches parciais de oficinas.

Por outra banda, como xa temos denunciado, falta persoal, as oficinas están asfixiadas, con sobrecarga de traballo, e seguir reducindo persoal empeora a situación. Este novo Plan do BBVA ratifica que é necesario mobilizarse para virar unhas políticas desnortadas e antilaborais.

O Plan Piloto prevé a fusión de dúas oficinas, quedando logo a metade do persoal que terá que desprazarse, abrindo unha 3 días á semana e a outra 2 días. Afectará ao emprego, pero tamén as condicións laborais, asumindo máis carga, desprazamentos e pode incluso afectar á carreira profesional ou aos horarios. Sabémolo porque esta medida xa foi posta en marcha por outras entidades.

Quede clara a nosa posición, é tempo de manter o pasivo, os peches van na liña contraria, a Dirección do BBVA erra de novo. Paremos a redución de persoal, a destrución de postos de traballo e a sobrecarga de traballo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230414 [.pdf • 72 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA