Xornada de loita en Pontevedra.
Para un salario medio (45.000 €) a perda anual (pola non actualización co IPC dos anos 2021—2022) é de 4.770 €. Os atrasos acumulados que non cobraremos son 9.540 euros de media. Unha vez que os bancos asociados á AEB están aboando a «suba adicional 2023», vemos coma en moitos casos está no 2 % (xa que non se actualiza a antigüidade). Por iso a CIG segue reclamando que se soben os prezos, teñen que subir os salarios
O 23 de xaneiro retomamos o proceso de mobilizacións cunha manifestación polas rúas de Pontevedra e 16 concentracións en oficinas. E seguiremos mantendo o conflito. Conseguimos que se reabrira a Mesa Negociadora, outros asumiron de novo un recorte salarial, pero o conflito debe continuar. Só temos que mirar a outros sectores onde a pinza Patronal–CC.OO–UGT non foi capaz de pechar o conflito, o que levou a subas salariais dignas e xustas.
Insistir que a CIG non asume ningún tipo de recorte nos salarios, nin de 4.770 € ao ano, nin de 4.000. Máximo cando en termos económicos a actualización salarial é totalmente asumible: os bancos teñen beneficios históricos e os Directivos dos bancos españois son os mellor pagados de Europa.
Xornal Avantar: Mobilización en Pontevedra o 23 de xaneiro 2023
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA