As persoas que traballamos nos bancos estamos afeitas a que, malia ter beneficios multimillonarios, os bancos executen ERE's. Despiden, destrúen emprego e modifican e amplían a capricho os horarios e a mobilidade, e recortan os salarios. A reforma laboral que vén de ratificarse no Congreso non limitou ese privilexio empresarial que atenta contra o noso dereito ao traballo.
Os bancos teñen beneficios multimillonarios, os Directivos cobran inmerecidos salarios estratosféricos, autopáganse variables de escándalo e engrosan ano a ano uns Plans de Pensións multimillonarios, por se algún día os botan (por ineptos)…
Como é posible que aínda así podan meter ERE's para milleiros de persoas? Pois polas reformas laborais de PP e PSOE. Non fai falta que unha empresa dea perdas, nin ten que xustificar que co ERE será viable, abonda que queira despedir.
Derroga a nova reforma laboral este privilexio empresarial que atenta contra o dereito ao traballo? Non.
Recuperan a indemnización de 45 días por ano traballado cando unha sentenza xudicial diga que o despedimento foi inxusto? Tampouco.
O poder económico está utilizando aos medios de comunicación, ao Goberno de PSOE–UP e a oposición do PP, para lanzar unha campaña de publicidade e mentiras sobre a reforma laboral. Pero a realidade é que, como iredes vendo, as reformas laborais de 2010 e 2012 seguen en vigor a disposición dos bancos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA