
Mobilizacións da CIG hoxe en Vigo
Hoxe, 13 de abril, mentres a CIG se mobilizaba en Vigo polo mantemento dos postos de traballo en Galiza no BBVA, e contra a restrición de servizos á clientela que afecta gravemente ao emprego, a dirección do banco comunicounos o inicio dun proceso negociador para abordar un proceso de reestruturación o vindeiro 16 de abril.
Semellaba que ían seguir negando as súas intencións ata despois de celebrada a Xunta Xeral de accionistas, pero vese que non puideron manter a negación da evidencia por moito máis tempo, e tamén polas distintas noticias que van saíndo nos medios de comunicación.
Nunha entidade que presentou unha conta de resultados espectacular, con 1.320 millóns de euros de beneficios no cuarto trimestre de 2020 (segundo o banco, o mellor resultado trimestral en 2 anos), que vendeu a súa filial en EE.UU que lle supuxo unha achega de 8.500 millóns de euros ao seu capital, non hai motivos para prescindir do persoal. Persoal que foi quen realizou unha ímproba labor durante a pandemia, que segue realizando a día de hoxe. Persoal que é quen dá a cara diante da clientela, a mesma á quen o banco expulsa das oficinas, da que collen os aforros e acribillan a comisións.
A CIG, como sempre facemos, estaremos na mesa de negociación para pelexar polos postos de traballo, pois no banco non sobra ninguén. Máxime tendo en conta que a clientela segue demandando servizos presenciais e atención directa por persoas, pese aos procesos de dixitalización forzada e forzosa aos que a quere someter o banco.
Seguiremos mobilizándonos para denunciar, máis unha vez, as actuacións inmorais do banco, e na defensa do emprego.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA