20 de maio de 2020

BBVA, o persoal deuno todo: Agora el necesítate



Como é sabido, o noso sector considerado servizo esencial nesta crise, tívose que adaptar en tempo récord a novas formas de prestación de servizo, para garantir a saúde dos traballadores e traballadoras, e evitar a propagación do virus que provocou esta pandemia a nivel mundial. E BBVA para poder dar servizo á clientela, actuou axilmente ante devandita situación con medidas como o .

Moitos compañeiros e compañeiras desde as súas casas estiveron facendo accións comerciais, gravando operacións, atendendo chamadas de clientes, coa tripla presión provocada pola inquietude e o medo, pola que exerceron os/as clientes/as preocupados/as polos seus investimentos ou a súa liquidez e, para rematar, por ter a toda a familia confinada xusto á beira do novo posto de traballo.
E con todo, conseguírono. Comportáronse como heroes e heroínas tanto as persoas que teletraballaron como as que estiveron en quendas presenciais, e ambos sistemas combinados funcionaron perfectamente para o Banco.

Agora estamos entrando na fase de reincorporación paulatina y reapertura de oficinas, na que o Banco está actuando de forma totalmente improvisada, sen dar información con antelación suficiente y sen un criterio claro. E o que é máis grave, isto faise como se nada ocorrese, coma si vivísemos aínda no día 12 de marzo, cando cada persoa tiña a súa vida laboral e persoal adaptada a unha normalidade que agora non existe.

A Representación Legal dos/as Traballadores/as temos instado reiteradamente ao Banco a buscar solucións para todas aquelas situacións persoais, que impiden prestar servizo de xeito presencial a diversos colectivos de compañeiros y compañeiras. Entre as casuísticas, sen dúbida algunha, o peche dos centros escolares até o vindeiro curso é unha das máis importantes e graves.

Temos reclamado ao Banco solucións, pero fai ouvidos xordos ao problema. A única alternativa que queda son suspensións de contrato sen remunerar ou reducións de xornada ao 100 %, que non son boas para ningunha das partes. E non o son, porque prexudican economicamente ao traballador/a e organizativamente á empresa que deixa de contar co devandito activo. Onde encaixa que a única saída sexa que a persoa non estea, nin dunha nin doutra forma?. BBVA, como parte da sociedade na que vivimos, ten o deber de ser sensíbel coa situación.

Por todo o anterior, esiximos a BBVA que poña en valor o labor de todo este persoal que se desviviu —e se desvive— pola nosa entidade. Non só con palabras bonitas, se non con feitos. É agora cando o persoal necesita que o Banco apoie unha verdadeira conciliación.



CGT · CIG · CC.OO · ELA · LAB · SCAT · SEC CIC · UGT




Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 200520 [.pdf • 120 kB]



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA