Ante a gravidade dos feitos do escándalo que estamos vivindo, decidimos manter a máxima cautela, toda vez que ademais os focos, con razón, están centrados hoxe na Entidade na que traballamos. Por iso até este momento a CIG mantivo silencio, por responsabilidade, e se rachamos hoxe a cautela, é despois de que a alta Dirección do BBVA se dirixise ao cadro de persoal, nun escrito que non compartimos.
Dende a CIG creemos que a única investigación válida será aquela que se poida realizar por parte da xustiza, das forzas de seguridade do Estado, dos Organismos reguladores e do Goberno, malia que dado o tempo transcorrido será moi difícil. En todo caso instamos ao Goberno do Estado e aos organismos reguladores a actuar coa máxima contundencia e axilidade.
Entendemos que de xeito cautelar deben cesar no seu posto todas e cada unha das persoas que tiveron responsabilidade na alta Dirección do BBVA durante os anos nos que supostamente se adoptaron medidas, que responsables políticos cualifican como «mafiosas». Hai que eliminar de raíz calquera dúbida ou sospeita que afecte á confianza no BBVA. A estabilidade da empresa e os postos de traballo están moi por riba de intereses persoais e personalistas.

Segundo a prensa, cando estoupou o caso Villarejo a Dirección blindou á entidade ante calquera reclamación. De ser certa esa blindaxe, deben explicar porque daquelas se tomou esa decisión, cando aínda nada apuntaba ao BBVA.
Dicir tamén que a CIG non formou daquela parte da campaña, tamén mediática, posta en marcha para salvar determinadas poltronas e privilexios. Ese non é ao noso entender o papel dos sindicatos, pero alá cada quen.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA