8 de febreiro de 2013

ANIDA… ou como cadrar contas en tempos de crise

Que facer cando unha parte do teu negocio dá perdas e, necesariamente, debes dar a imaxe de que «aquí non pasa nada»?

Solución BBVA: Pois o sacamos do balance

Iso debeu pensar o que ideou ANIDA, porque doutro xeito… é que non se entende.

Anida
E, que pasa cos 500 traballadores e traballadoras que pasaron a formar parte do cadro de persoal de ANIDA, pero que seguen a traballar nas dependencias do Banco? Alguén o sabe? Pois parece que non.

Se sabe, de certo, que durante uns anos estarán en Anida e despois, teñen o compromiso do Banco dun retorno.

Certamente, se sabe que, namentres estean en Anida, estarán baixo o convenio da construción de Madrid.


E do resto… aos compañeiros e compañeiras se lles di que segue todo igual, que van cobrar o mesmo… ben, co carameliño dunha compensación no DOR de 2.000 euros máis (!).

Pero, se son persoal de ANIDA, como computan as súas vacacións? Teñen as mesmas? Que ocorre coas tarifas de empregados/as do banco? van cobrar sobre polo traballo do ano pasado? Todo son dúbidas, pero poucas respostas hai sobre a mesa. Vemos que, inda que se lles tenta dar a idea de non pasa nada, o certo é que ao final, iso non se traslada a negro sobre branco. E o único que nos tememos é que a realidade será a do convenio e, do resto, xa veremos!

Non nos esquecemos dos compañeiros e compañeiras de OP-Plus, con outro convenio e outras circunstancias laborais claramente inferiores. Ao fin e ao cabo, é a mesma canción pero con distinto título.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 130208 [.pdf • 28 Kb]




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA