5 de marzo de 2012

Manifestacións e FOLGA XERAL

A CIG aprobou a convocatoria dunha para o día 29 de marzo. Ao mesmo tempo decidimos falar con outras organizacións sindicais, sociais, políticas e da mocidade para procurar apoios a esa convocatoria.

O 2 de marzo, a CIG, xunto con CGT, CUT e CNT, rexistramos na Consellería de Traballo convocatoria de FOLGA XERAL [.pdf • 2'1 Mb] para o 29 de marzo. O obxectivo da folga, é mostrar o rexeitamento á aprobación por parte do Goberno español do Real Decreto Lei 3/2012, de 10 de febreiro, de Medidas urxentes para a Reforma do mercado laboral.

O vindeiro 29M haberá FOLGA XERAL en Galiza, Euskadi, Navarra e tamén en Canarias, ante a maior agresión aos traballadores e traballadoras dende o franquismo.


Así mesmo, o 10 de marzo, , temos convocadas manifestacións nas cidades galegas preparatorias da FOLGA XERAL. É o momento de saír á rúa a demandar a retirada da Reforma Laboral e da Negociación Colectiva.

Dende a aprobación da Reforma, cada día increméntase o número de empresarios que están utilizando as facilidades para despedir e recortar dereitos, polo que a resposta debemos dala de xeito inmediato.
Manifestacións 10 de marzo contra a Reforma Laboral
Lugares e horarios (CET)



MANIFESTACIÓN o 10 de MARZO e FOLGA XERAL O 29 DE MARZO.

Participa e defende os teus dereitos!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Participa e defende os teus dereitos!
Comunicado 120305 [.pdf • 52 Kb]

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA