Convenio para acadar melloras ou para regular reestruturacións do sector bancario?
Na reunión de hoxe, CC.OO e UGT presentaron unha proposta de «Garantía da Función Sindical» que a AEB está disposta a estudar. Din que como a «carreira sindical» esixe cada vez maior formación queren falar de categoría profesional e retribucións variables para os «sindicalistos», estendendo deste xeito ao Convenio Colectivo os acordos asinados1 xa por eles no SCH2, Banesto3 e Deutsche Bank.
Dende a CIG, sindicato maioritario da banca en Galiza, rexeitamos as propostas que pretenden privilexiar aos representantes sindicais fronte ao resto do persoal, con premios salariais e ascensos de categoría.

Esquecen a urxencia da mellora das condicións laborais (cumprimento da xornada laboral de 8 a 15 horas, contratación directa de persoal e non a través de ETTs, freo a exteriorización de traballos e servizos, etc.) como garantía do mantemento do emprego.
Mentres a AEB fala de «Flexibilidade e Competitividade» como elementos fundamentais para tratar o tema do emprego no sector, CC.OO e UGT éntranlle ao xogo e manifestan a súa disposición a pór enriba da mesa unha proposta que achegue as súas posturas (regulación, reestruturación sectorial) ás da patronal (flexibilidade no emprego).
Nesta sesión deuse por rematada a defensa polo miúdo das distintas plataformas, polo que cumpriría entrar a concretar temas.
Sen embargo, fixouse a nova sesión para o 2 de novembro e, entrementres, Que?

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades ou vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado na publicación ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como berrar e dificultan a súa lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa de xeito habitual poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue da CIG BBVA