24 de xullo de 2018

A «lei CIG de rexistro horario» pode entrar en vigor dentro do plan contra a precariedade

Remitida en xuño de 2017, foi aprobada polo pleno do Congreso dos Deputados/as.
O Ministerio de Traballo valora impulsar a reforma legal, remitida pola CIG o 13 de xuño do 2017 aos Grupos Políticos e que xa foi aprobada polo Congreso dos Deputados, para que as empresas teñan a obriga de rexistrar a xornada laboral efectiva.

Unha cousa é oportunismo, outra sindicalismo. O traballo sindical serio e rigoroso non sempre dá froitos de xeito inmediato.

 
Manifestación da CIG pola Coruña o 8/05/2017

    Manifestación CIG—Banca no ano 2017 e cartaz de 2001
    Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
 

A loita da CIG contra a xornada laboral e cumpre lembralo cando semella inminente a posta en marcha dunha modificación legal para rematar coa fraude, totalmente estendida no sector financeiro, das horas extras ilegais. Horas non pagadas, nin cotizadas á Seguridade Social, non tributadas e que superan o máximo legal das 80 horas anuais (un tope que pretende impedir a destrución de postos de traballo).

En 2014 a CIGBanca puxo en marcha unha campaña de denuncias nas Inspeccións de Traballo e mobilizacións, e en 2015 presentamos Conflitos Colectivos reclamando o rexistro da xornada en diferentes bancos (, BBVA ou no ). A Audiencia Nacional ditara sentenzas favorables e CECA e AEB abriron procesos de negociación.

Finalmente o Tribunal Supremo fallou, nunca mellor dito, a favor das empresas, negando a obriga do rexistro; ao tempo, CECA e AEB pecharon as negociacións. Mais a propia sentenza dicía que «non existía a obriga legal de rexistrar a xornada efectiva», pero que sería necesaria unha «modificación legal».

Traballar de Balde NON paga a Pena!

Ao fío desas sentenzas remitimos, o 13 de xuño de 2017, unha proposta de modificación legal, sendo presentadas iniciativas por varios Grupos no Congreso, que foron aprobadas.

Agora o novo Goberno anunciou que implantará xa a obriga de rexistrar a xornada.

O traballo de anos da CIG contra a fraude na xornada na banca está a piques de dar os seus froitos.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180724 [.pdf • 689 kB]


Ningún comentario: