6 de xuño de 2018

Sorpresa, sorpresa!!!

Conflito Colectivo Complemento AVE

A empresa absorbeu o AVE con cargo ao RAE, ante o que iniciamos a tramitación dun conflito colectivo; a día de hoxe queremos dar contas de cal é a situación, que non é a que nos gustaría debido a algunhas sorpresas.

  1. Tal e como comunicamos, presentamos papeleta de conciliación de conflito colectivo, contra a decisión do BBVA de absorber o complemento AVE. Celebrouse a conciliación sen que houbera acordo. Isto non é sorpresa.
  2. Previamente solicitamos da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo (AEBCC.OOUGT) o preceptivo informe, dado que dita absorción realízase segundo o BBVA en base ao artigo 5 do convenio (os asinantes do convenio déronlle á patronal un cheque en branco que permite ás empresas absorber calquera complemento fóra de convenio). Na súa contestación á nosa consulta indicaron que a Comisión Paritaria non tomará posición (sorpresa), dado que segundo a AEB «no tiene nada que ver con el Convenio» (sorpresa dobre).
  3. A nosa demanda partía coa dificultade da amplitude a favor dos bancos que supón o artigo 5. Pero tal e como indicamos na papeleta, o complemento AVE non podía ser absorbido se dende a súa posta en marcha non se indicaba que fose un complemento absorbible, e que o BBVA non podía decidir convertelo en absorbible unha vez devengado e cumprido polo persoal o traballo encargado.

En ningún dos manuais do AVE publicados ao longo de 2017 (todos con data de publicación) se indicaba que fose absorbible, pero atopamos despois do SIMA un documento na intranet (sorpresa), sen data de publicación, que pon que «o AVE é absorbible», o cal impide que podamos proseguir co conflito colectivo.
Non somos persoas malpensadas, así que nos quedaremos con que o BBVA, sempre tan cumpridor, colgou ese documento ao inicio do período de devengo do AVE. Agardamos que o cadro de persoal, que cumpriu os obxectivos impostos pola Dirección pero non cobrará polo seu traballo, tamén pense así.



Folga xeral 19 de xuño 2018



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180606 [.pdf • 194 kB]


Ningún comentario: