19 de xuño de 2018

Novo escenario na loita contra a fraude das horas extraordinarias

A pelota no aleiro do novo Goberno

No seu día presentamos un Conflito Colectivo contra o BBVA para que rexistrase as horas extras. Finalmente as sentenzas do Supremo dos casos de Abanca e , que revisaron o criterio da Audiencia Nacional, eximiron as empresas de levar un rexistro da xornada real e efectiva.

 
Manifestación da CIG pola Coruña o 8/05/2017

    Manifestación en maio da CIG—Banca polos Cantons da Coruña.
    Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
 

Non nos rendemos e o 13/6/2017 remitimos unha iniciativa lexislativa aos Grupos do Congreso dos Deputados. Aos 3 días unha deputada do PSOE presentou unha iniciativa e días despois faríao Bildu. En outubro a iniciativa foi aprobada polo Congreso (coa oposición do PP e a abstención de Ciudadanos). Agardamos que o novo Goberno a poña en marcha de xeito inmediato.

Os nosos obxectivos son varios:

  • Loitar contra a fraude, para que os bancos, incluído o BBVA nos paguen as horas extraordinarias.
  • Evitar que se sobre pasen as 80 horas extras máximas anuais que permite a Lei, para loitar contra a destrución de postos de traballo.
  • Para que o BBVA cotice á Seguridade Social esas horas extras. Abonda de fraude por parte das empresas, mentres os xubilados/as loitan na rúa contra os recortes.
  • Ter unha xornada de traballo regulada é o antídoto fronte á organización de traballo por obxectivos que padecemos, aínda que a normativa europea MiFID prohibe os obxectivos.

Estamos pois nunha nova fase, veremos se o PSOE apoiou a nosa iniciativa cando estaba na oposición por oportunismo, ou se realmente están por rematar coa fraude en materia de xornada, que é masiva. No Estado español o 50 % das horas extras non se pagan nin cotizan.



Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180619 [.pdf • 471 kB]


Ningún comentario: