19 de xuño de 2018

19 de xuño, xornada nacional de mobilizacións

19 xuño, xornada nacional de mobilizacións

É necesario un cambio, non agardemos por el, saiamos á rúa a buscalo

O vindeiro 19 de xuño, a CIG convocou unha xornada nacional de , con manifestacións en todas as comarcas da nosa nación.

Os traballadores e traballadoras dos bancos non vivimos nunha burbulla, aféctannos as sucesivas reformas laborais e da Seguridade Social, a da negociación colectiva, e todos e cada un dos recortes antisociais que puxeron en marcha os distintos gobernos.

Coma tamén nos afecta a falta de transposición da MiFID que nos impuxo responsabilidades e formación inútiles que implican un gran esforzo, mentres os bancos seguen con políticas comerciais agresivas e contrarias as boas prácticas.

Precisamos unha normativa laboral que impoña orde, para poder traballar con seguridade e frear os abusos. Polo noso ben e polo ben da clientela que nos dá de comer.

Por iso, as traballadoras e traballadores dos bancos temos moitos motivos para saír á rúa coa CIG o vindeiro 19 de xuño.

Xa é hora de recuperar os nosos dereitos! Tamén na banca

Que o Goberno aprobe a iniciativa lexislativa remitida pola CIG que xa foi aprobada polo Congreso, para que o rexistro de xornada sexa obrigatorio, para rematar coa fraude das horas extras no sector.

Que na transposición da MiFID á lexislación española se regule, co máximo rigor, a prohibición europea para que os bancos non podan poñernos obxectivos asibre os produtos obxecto da regulación.



Ligazón relacionada:
Xornal Avantar:






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180618 [.pdf • 426 kB]


Ningún comentario: