21 de maio de 2018

Festivo do 17 de maio

xornada do 17 de maio
Como xa sabedes, dende a CIG presentamos impugnacións xudiciais polos calendarios laborais de 2018 nas catro provincias, por ter establecido a empresa, de xeito unilateral, o procedemento para a recuperación da xornada correspondente ao festivo do 17 de Maio, Día das Letras Galegas.

Outras entidades decidiron que non era recuperábel.

Despois da presentación das demandas, mantivemos conversas con Talento e Cultura sobre este asunto, solicitándolle que non envíen ningunha comunicación sobre a recuperación desa xornada.

No momento no que constatemos que non se produce a dita comunicación nin recuperación, deixaremos sen efecto as demandas.

Os dereitos non se regalan, conquístanse!!!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180521 [.pdf • 297 kB]


Ningún comentario: