16 de marzo de 2018

Intervención da CIG 
Xunta xeral de accionistas 2018

Neste 16 de marzo, membros da Sección Sindical da CIG no BBVA acudiremos de novo a Bilbao para achegar o noso discurso na Xunta de Accionistas. Amosaremos a realidade do banco en Galiza nese foro onde, cando menos nesta data, o Presidente e o resto de integrantes do Consello de Administración non poden evitar escoitar o verdadeiro retrato do que son as condicións de traballo reais nesta empresa.

A compañeira Carmen García fará lectura do discurso que vos achegamos e no que trasladaremos a Francisco González do que estimamos é o seu legado, nestes longos anos da súa Presidencia.

A negativa evolución da acción versus o aumento inmoral e inxustificado das súas retribucións. Até un máximo de 125 millóns de euros vanse reservar para un colectivo de 238 persoas privilexiadas.

A situación laboral no banco, cunha política permanente de destrución de emprego e peche de oficinas. Con despedimentos por unha falsa «baixa produtividade», todos recoñecidos improcedentes, e o medo como bandeira na xestión RR.HH.

Salientaremos a presión comercial na Territorial Noroeste, insoportable e interesada, onde a obsesión polo Ranking só obedece a obxectivos particulares, mantendo a rede comercial nun particular torneo en todos contra todos que fixo do pasado exercicio e do comezo deste, os peores tempos que lembramos en termos de clima laboral nesta Territorial.

Do constante desprezo a un cadro de persoal que fai moi ben o seu traballo e que ano tras ano, segue a cumprir. Pero como recompensa aos seus esforzos, este ano o único que recibe son labazadas. Unha pola formación MiFID e outra pola «compensación» do bonus. Levamos estes asuntos, a instancias da CIG, coma non pode ser doutro xeito, perante os Xulgados.

Para cando a negociación do horario do colectivo BBVA Contigo?

Reclamaremos cambios reais no eido da Conciliación e Igualdade, cambios polos que a sociedade berrou alto e forte nas rúas galegas este histórico 8 de Marzo.

Desde esta Sección Sindical queremos agradecervos as vosas delegacións de votos que fan posíbel de novo a nosa presenza nesta Xunta. Presenza que, queremos aclarar, sempre foi sufragada con medios propios. Non estendemos este agradecemento a Relacións Laborais do Banco, que facendo un uso discriminatorio dos recursos da entidade, segue a facilitar a presenza en Bilbao a unhas organizacións sindicais e a outras, non.


De seguido, tedes a intervención lida pola nosa compañeira Carmen.
 


Señoras e señores accionistas, membros do Consello de Administración, Sr. Presidente, bo día, egun on, bon día, buenos días.

Son Carmen García e hoxe estou aquí, por medios propios, coma voceira da CIG (sindicato maioritario no BBVA en ) e, ao tempo, de numerosos accionistas, moitos deles compañeiros e compañeiras, que delegaron en min o seu voto coa intención de amosarlles a realidade de BBVA na .

Pode que esta ocasión sexa a derradeira na que vostede, Sr. González, presida esta , ou non. Pero, de ser así, queremos facerlle partícipe do que entendemos foi o seu legado nestes tempos.


Comecemos polo valor da acción
O meu fillo maior ten 10 anos. Cando naceu, investimos en accións desta entidade por valor de 18 , cada unha. Co máis novo, xa decidimos manter os seus cartos na conta. Non cremos que podamos recuperar o investido. O valor da acción hoxe non chega a 7 euros.

Mentres tanto, na orde do día vostedes propoñen aprobar unha remuneración variábel de até o 200% sobre o seu soldo fixo, para un colectivo de 238 persoas privilexiadas… 125 Millóns de euros. Dende logo, o valor aportado á empresa non o xustifica e, polo tanto, opoñémonos.


A situación laboral
BBVA é unha empresa destrutora de emprego, en moitos casos disfrazando despedimentos con baixas voluntarias ou creando falsos argumentos sobre supostas diminucións voluntarias do rendemento que non son tal, para tentar xustificar falsamente o que sempre rematan sendo e recoñecendo ante as autoridades laborais: despedimentos improcedentes. Esa é a política real de xestión de Recursos Humanos, a verdadeira «Paixón polas Persoas».

O mesmo tempo, manteñen o minguante cadro de persoal en límites que na nosa terra maniféstanse coma agónicos. Agónicos porque non fan cobertura de vacacións, baixas e outras ausencias (e o persoal aguanta). Agónicos porque faltan por dotar demasiados postos para poder traballar en condicións minimamente dignas. Porque pechan oficinas rendibles e amortizan postos de traballo necesarios. Porque as oficinas abertas están en moitos casos en condicións vergoñentas ou insalubres, por ausencia de presuposto ou nula vontade para arranxalo. E isto quén o paga? O cadro de persoal e a clientela.

A situación a que se somete á Rede en , alcanzou fai tempo o vermello no semáforo de Clima Laboral, cunha presión comercial inasumíbel e inxustificábel nesta , onde o único que pretenden as persoas responsábeis é, a costa do que sexa e coma sexa, manter a primeira posición no Ranking de Territoriais e acadar obxectivos persoais, que non o beneficio da entidade.

No Xapón, son tristemente famosas as coñecidas como Black Corporate ou empresas negras: xornadas sen fin, horas extras non pagadas, control a través do medo e entrenamento para que o persoal se enfronte entre si coma nun torneo. Agora comparemos isto coa nosa realidade cotiá no BBVA: co Ranking coma «elemento motivacional», co Pool de Baixo Desempeño, coa ausencia dun control da xornada e das horas extras nin pagadas nin cotizadas. Son compañías que xeran un ambiente hostil de modo que os e as máis febles rematarán por marchar por motivos persoais. Compañías que tratan ó seu persoal coma prescindíbel, polo que nos forza a traballar para acadar uns obxectivos inasumíbeis dentro da xornada regular, ou fóra dela, con tal de chegar. Demasiado familiar para ser casual.

E mentres tanto, vostedes seguen insistindo en aumentar os seus emolumentos.

Pero o persoal cumpre, segue a cumprir. E no pasado mes de febreiro, tivemos a ecompensa aos nosos esforzos. A súa decisión, sen previo aviso, de absorber a parte da retribución variábel cos cuartos de paga de beneficios do Convenio retrátaos. Queren xogar con cartas marcadas unha partida na que pretenden «aforrar» uns poucos millóns de euros que lle corresponden á totalidade do cadro de persoal, co que perderon credibilidade, se inda lles quedaba algunha, a motivación e o respecto.

Dende logo, toda unha labazada de realidade.

Como labazada a que reciben os nosos compañeiros e compañeiras, unha e outra vez, que seguen as regras de xogo que vostedes van marcando,dedicando horas e horas da súa vida persoal a sacar a formación MiFID que dende a entidade lles indicaron para que, ao fin, lles racaneen o que acordaron coa maioría da Representación Sindical. Realmente Lamentable.

O desprezo que a cada paso amosan polo persoal acadou cotas nunca vistas, pero vostedes seguen na súa. Aumentando as súas inmorais retribucións.


Igualdade e conciliación
Neste 8 de Marzo, vimos como a protesta asolagaba as rúas porque mulleres e homes esiximos un cambio real, a favor dunha igualdade real. Este cambio tamén debe chegar a esta empresa. Non cansaremos de repetilo.

Se non se crean as condicións para que os e as mellores podan desenvolver o seu potencial en igualdade de condicións, negar que existe discriminación é como tapar o sol coa man. O horario regulado xera condicións de igualdade (para cando a negociación do horario de BBVA Contigo, señoras e señores?), a flexibilidade ben entendida, a transparencia nas retribucións e a oferta de postos con perspectiva de xénero, tamén. Todo iso que no BBVA brilla pola súa ausencia, como ausente está a renovación dun Plan de Igualdade que data do ano 2010. E estamos no ano 2018. Será que non fai falla!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180316 [.pdf • 148 kB]


Ningún comentario: