15 de xaneiro de 2018

Sen trienios durante 18 meses e o seguinte no aire

O artigo 22 do Convenio Colectivo establece o pago de trienios no Grupo de Técnicos, fixando unha cantidade anual, a última que fixaron foi a de 2016.

No XXIII Convenio de Banca 20152018, AEB (patronal), CC.OO e UGT estipularon na denominada Disposición Final Segunda, abrir un proceso de negociación para buscar un novo sistema de cálculo. Paralelamente acordaron non pagar medio trienio (do 1/7/2016 ao 31 /12/2017), en tanto non se negociaba un novo sistema.

Finalmente non negociaron nada, simplemente o persoal perdeu a parte proporcional do trienio durante eses 18 meses.

Malia que a CIG está presente na Mesa Negociadora do Convenio, decidiron deixala fóra da negociación do novo sistema de pago dos trienios. Deste xeito primou a opacidade: Non sabemos se realmente houbo negociación, se fixeron reunións (nin cantas, nin cando), se houbo propostas das empresas e cales foron; nin se houbo contrapropostas sindicais e se no camiño chegaron a aceptar algún recorte máis.

Pero ademais o seguinte trienio comeza a computar a partir do 1/1/2018, pero non se fixaron os importes que se percibirán dentro de tres anos. O futuro trienio queda no aire.

UGT fai referencia ao Convenio de Aforro, pero naquel pactouse o abono de medio trienio (18 meses) a 30 de xuño de 2019 e a cantidade a pagar. Ese non é o noso caso.

Conflito Xestores Comerciais

No Convenio Colectivo desapareceu o ascenso por capacitación até nivel VIII, un dos motivos polos que a CIG non o asinou. Houbo quen dixo que se garantía que o persoal con funcións comerciais tivera como mínimo nivel VIII, pero no BBVA non é así.

Por iso a CIG decidiu adherirse ao Conflito presentado polos compañeiros e compañeiras do SEC. As persoas con posto de xestión comercial deben ter como mínimo o nivel VIII.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180115 [.pdf • 153 kB]


Ningún comentario: