17 de decembro de 2017

Crónica dun abandono: A NON-negociación dos acordos de empresa no BBVA

O 30 de novembro a empresa convocounos para presentarnos a súa proposta de Acordo de formación MiFID no BBVA. A proposta vai na liña das aprobadas noutras entidades e a negociación limitouse a aspectos formais, asumindo os asinantes do texto todo o que propoñía a empresa, e non aceptando esta ningunha contraproposta. (Negociación ou imposición?)

A Directiva 2014/65/UE chamada comunmente MiFID II, na páxina 14 (79) da publicación da CNMV considera que: «…tamén é importante garantir que empregados ou empregadas que realicen actividades de asesoramento ou venda de instrumentos financeiros a clientela minorista posúan un nivel suficiente de coñecementos e competencias con respecto aos produtos que ofrecen. As empresas de servizos de inversión teñen que ofrecer aos/ás seus empregados e empregadas tempo e recursos suficientes para que poidan obter o dito coñecemento e estas competencias…»

En base ao que a mesma Directiva indica, os sindicatos que subscribimos este documento non podemos dar por bo o acordo presentado polo BBVA.


  • Entendemos que non é suficiente a compensación con catro días de libranza para cursos que se deberían realizar en horario laboral. De non ser dentro da xornada, teñen que considerarse como horas extras a todos os efectos, coa súa correspondente remuneración, tratamento fiscal e cotización.
  • Tampouco non podemos aceptar que esta compensación se limite para as persoas que obteñan as certificacións a partir do 27 de xuño de 2017. Entendemos que esta medida, se como indica o texto do acordo, recoñece o esforzo, o interese e a dedicación, debería aplicarse con RETROACTIVIDADE PARA TODAS AS PERSOAS que obtiveran a certificación con anterioridade a esta data.
  • En ningún caso podemos aceptar o sétimo punto do acordo: «Las partes que firman el presente acuerdo se comprometen a no plantear o continuar ningún procedimiento judicial en relación a la materia recogida en este documento, salvo, en su caso, las derivadas de la interpretación del propio Acuerdo». Esta cláusula non se incorporou nos acordos asinados noutras entidades bancarias.

Consideramos que a aceptación desta cláusula implicaría un abandono da nosa labor sindical. Non podemos deixar estéril unha de nosas principais ferramentas. No momento da sinatura, as nosas asesorías xurídicas estaban coordinando a presentación de demanda conxunta na Audiencia nacional e, aínda que esta vía quedara máis limitada coa sinatura do acordo pola maioría da representación sindical, reservámonos o dereito de interpelar o mesmo con todas as medidas que consideremos oportunas, incluída a xudicial.



CIG · ELA · SCAT Intersindical-CSC · LAB · SEC · CiC



Ligazón relacionada:
Guía Técnica 4/2017:  [.pdf · 164 kB]






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 171113 [.pdf • 107 kB]


Ningún comentario: