20 de novembro de 2017

Non aos despedimentos no BBVA

Os sindicatos presentes no BBVA, mobilizámonos unha vez máis contra os despedimentos indiscriminados que se veñen producindo na nosa empresa.

Nesta ocasión, novamente sen aviso nin expediente disciplinario previo, e nunha situación de total indefensión, o BBVA despediu a un compañeiro coa escusa dunha suposta «transgresión da boa fe contractiual, abuso de confianza e diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo».

Esta actuación é un exemplo máis, e xa van máis de no último ano, de como utiliza o BBVA a inxusta Reforma Laboral para a realización de despedimentos inxustificados e arbitrarios, aos que só Iles encontramos un motivo: «Amedrentar ao cadro de persoal».

Hoxe tocoulle a un compañeiro de e mañá pode tocarnos a calquera de nós, polo que temos que dar unha resposta adecuada a estes despedimentos.

0 conxunto da representación sindical do traballadores e traballadoras do BBVA dirixímonos aos responsables de Talento y Cultura (Recursos Humanos), para esíxirlles o cese na súa «política do medo» baseada en despedimentos inxustificados. Por iso, realizamos unha concentración de delegados e delegadas pola defensa do emprego o luns 20 de novembro ás 9 horas, fronte ao SMAC de Lugo, na Av. de Finqoi  70 da cidade.



     Concentración de delegados e delegadas no SMAC de Lugo.
     Imaxe: SusoPB/CIGBBVA (cc) BY-NC-SA

 


ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC · UGT




Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 171120 [.pdf • 586 kB]


Ningún comentario: