25 de outubro de 2017

Enquisa de feedback do/a empregado/a

Recentemente sorprendémonos ao coñecer que o BBVA figura como a segunda mellor empresa para traballar (dentro dunha lista na que figuran outras coma Coca—Cola, envolta en ERE’s declarados ilegais pola xustiza, incumprimentos de sentenzas e conflitos laborais abertos).

Houbo quen botou as mans á cabeza pensando que se esta é a segunda mellor, por aí fóra practícase o escravismo. A explicación é máis sinxela. Ese premio é outorgado por «Merco», da que é accionista a empresa «Grupo Análisis e Investigación» que oferta servizos de consultaría ou «Mistery Shopping», entre outros, a bancos. Pagar para que te adulen, non parece moi normal, pero para gustos hai cores (que pillabáns estes da Dirección).

Feedback

Agora, das mans de Gallup, temos uns días para cubrir unha enquisa que antes levaba por nome «De satisfacción», nun exercicio de eufemismo notorio e, desta vez, vén nomeada coma «Feedback».

Seica o motivo da enquisa está en poder descubrir o motivo de sufrir un estilo de liderado maioritariamente coercitivo na Noroeste. Pode que queiran saber se é certo iso de que o cadro de persoal non concilia ao enfrontar a dimensión da sobrecarga de traballo e os seus nefastos efectos sobre a súa saúde física e psíquica. Ao mellor queren pescudar ate que punto aturamos unha política empresarial baseada no medo e a submisión. Tamén poderían querer coñecer de primeira man os motivos do teito de cristal.

Desde a CIG aconsellámosvos que, como nos pide o banco, cumprimentedes a enquisa con sinceridade e honestidade, sen medos nin condicionantes. Polo persoal que non quede.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 171025 [.pdf • xx kB]


Ningún comentario: