23 de marzo de 2017

BBVA: quérennos illados. Reaccionemos unidos

Desde o ano pasado, o departamento de T&C en BBVA insiste en deseñar unha empresa con un cadro de persoal que se sinta illado e atemorizado, coa constante ameaza de ser incluído nalgunha lista negra (Rankings, Catalogacións, Pool de Baixo Desempeño, etc). A Dirección periodicamente golpea ás persoas para evidenciar que «non encaixan» no banco.

Sen embargo, nin esas listas son obxectivas nin a definición de Produtividade correspóndese co traballo realizado, pois todo queda decidido dentro do terreo do discrecional e o subxectivo.

Hoxe son máis de 600 persoas as que na Rede de Oficinas están ou pasaron polo («Baixo Desempeño»), mentres que en Servizos Centrais moitos compañeiros e compañeiras están sendo afectadas por reorganizacións das súas áreas sen máis alternativa de futuro que a «desvinculación» vía despedimento, baixa incentivada ou prexubilación forzosa, en condicións inferiores ás do resto do persoal, pechándolles a porta a posibles recolocacións noutros ámbitos da empresa.

Levamos máis de 50 despedimentos (desde os 14 sucedidos na Rede de xuño de 2016, simultáneos, sen expediente previo, ao igual que outros 8 posteriores; todos con ofertas de conciliación como «despedimento improcedente», mentres que en Servizos Centrais son xa 28 as persoas afectadas, vítimas dunha «reunión trampa», illadas e sen comunicación para dilucidar en 5 minutos e unha chamada de teléfono se aceptan a oferta de desvincularse ou o despedimento), un número indeterminado de baixas aparentemente voluntarias, e excedencias «forzadas», e seguen ameazando para adelgazar este cadro de persoal. E mentres tanto, o Presidente do BBVA manifesta que, aínda que son tempos complicados, non está pasando nada grave. Lóxico: o seu posto si que está máis que asegurado.

A Dirección do BBVA, a través de T&C (RR.HH) están empuxando aos compañeiros e compañeiras, baixo unha presión nunca vista, a abandonar a entidade a través dalgunha medida «voluntaria», pero que se acaba convertendo nunha expulsión da mesma.

É por todo iso, que a totalidade da representación sindical no BBVA vemos necesaria unha rectificación na política de T&C no BBVA. Rexeitamos as listas de persoas marcadas. Porque xa existe un Sistema Disciplinario para acometer os hipotéticos «desvíos laborais». Porque BBVA—España, co seu rateo de eficiencia, é líder en produtividade na banca europea. Porque golpean a uns cantos para intentar amedrentarnos a todas e todos.

Os Sindicatos non só imos a responder ante calquera despedimento que se produza, senón que imos soster unha mobilización continuada para trasladar a T&C do BBVA o malestar profundo que a súa política de amedrentamento está provocando.

Por iso, o vindeiro XOVES día 23 de marzo, de 10 a 11 horas da mañá, nas 7 Cabeceiras Territoriais, os Sindicatos convocamos CONCENTRACIÓNS de delegad@s e traballador@s.

PARTICIPA e SÚMATE Á DEFENSA DOS TEUS DEREITOS, porque mañá pode tocarche a ti e podes ser ti a quen digan que «non encaixas». ACHÉGATE E ÚNETE A ELA NO TEU TEMPO DE DESCANSO.


ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC · UGT



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170323 [.pdf • 232 kB]


Ningún comentario: