2 de marzo de 2016

Presentada na Audiencia Nacional a demanda para que o BBVA rexistre a xornada e as horas extras

Xa está presentada na Audiencia Nacional a demanda da CIG contra o BBVA, co obxectivo de establecer un sistema de rexistro da xornada efectiva e, polo tanto, das horas extraordinarias.

O conflito colectivo presentado xa foi admitido, estando á espera de que se fixe data para o xuízo.

A semana pasada, a mesma Audiencia Nacional ditou , por un conflito idéntico, favorable a unha demanda da CIG contra , e recoñece que tiñamos razón en todos e cada un dos puntos demandados:

  • As empresas teñen que rexistrar a xornada efectiva.
  • Teñen que comunicarlle ao persoal as horas traballadas, incluídas as extras.
  • Teñen que comunicarlle aos sindicatos as horas extras realizadas.

Esta nova sentenza da Audiencia Nacional favorable aos traballadores e traballadoras, fai que teñamos o convencemento de que o final da extensión ilegal da xornada se achega.

Despois de anos de recortes, retrocesos e despedimentos, haberá avances grazas á CIG.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 160302 [.pdf • 1'19 MB]


Ningún comentario: