25 de xaneiro de 2016

As demandas da CIG esixindo un control horario alteran o guión preconcebido da negociación

Na última reunión da mesa negociadora, onde xa hai un preacordo entre a AEBCC.OOUGT para recortar dereitos, as demandas presentadas pola CIG en varias entidades para que se rexistre a xornada laboral efectiva e as horas extras, entraron na negociación.

AEB aposta por unha negociación para chegar a un acordo estatal paralelo ao convenio, con todos os sindicatos demandantes, incluíndo os que non están na mesa negociadora. Nesa nova negociación tamén estarían CC.OO e UGT, malia que non presentaron demandas.

CC.OO e UGT, que nada fixeron a este respecto na banca privada, malia ser un dos maiores problemas no sector, din agora que o acordo debería incluírse no convenio.

Nós estamos abertos a unha nova negociación sectorial, sempre que non se pretenda baleirar de contido os rexistros horarios para seguir defraudando. Ademais, deberíanse apurar os prazos, xa que despois das nosas demandas hai abertas negociacións nalgunhas empresas.

Por último dicir que, na mesa, os asinantes do acordo discreparon pola absorción da suba a conta de convenio, que deixou a unha parte substancial dos cadros de persoal sen cobrar. Hai quen asina preacordos sen saber o que asina.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 160125 [.pdf • 166 kB]

Ningún comentario: