18 de marzo de 2015

Os miserables: comeza o musical

Cando falan de «modernizar» o Convenio, os bancos pretenden eliminar/recortar as pagas de beneficios, os trienios; non subir salarios… etc. Para a AEB, modernizar significa volver ás condicións laborais que rexían no capitalismo do século XIX.

A Asociación Española da Banca vén dura, séntense fortes apoiados polos gobernos e afrontando unha negociación que segue o vello modelo do sindicalismo estatal: negocian as cúpulas dos sindicatos (os outros, os que reciben subvencións e «favores»). Pola contra, nós defendemos un modelo asembleario e participativo.

Os bancos queren recortar todo, non só os salarios. Despois de desfacerse de persoal indefinido (con prexubilacións, pero tamén con ERE's), agora pretenden abaratar as novas contratacións, creando novas categorías profesionais de entrada.

Co pretexto de ofrecer mellor servizos á clientela, pretenden modificar os horarios e a xornada laboral, sen definir a súa proposta. Aos bancos non lles interesa dar un maior e mellor servizo (se fora así, dotarían correctamente as oficinas), senón ampliar o horario comercial para colocar produtos á clientela que ninguén demanda.

Volvendo aos salarios, a patronal ponse miserable, coma sempre. Se ben na anterior sesión falaran dun inicio de recuperación económica, e malia que altos directivos manteñen o discurso da recuperación económica e brindan o seu «desinteresado» apoio ao goberno impopular, hoxe a AEB volve cara atrás, afirmando que aínda queda moito para a recuperación do sector. Está a banca en crise? Os beneficios medraron un 27%  en 2014, incrementáronse as marxes, reducíronse os gastos de explotación, menten. A banca incrementa tamén os bonus para os Directivos, de que crise falan?

A vindeira reunión está prevista para o 25 de marzo, data na que o resto de sindicatos entregarán as súas Plataformas.
Nós xa a entregamos na reunión do 17 de marzo para non dar máis escusas á AEB.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 150318 [.pdf • 127 kB]

Ningún comentario: