27 de marzo de 2015

AEB: A mesma canción

A AEB xa fixo entrega das súas propostas, que non son novas senón a mesma canción coas mesmas melodía e letra. Propostas que non colaron noutros convenios e que agora queren meter ao abeiro das reformas laborais.

Propostas dos bancos

Clasificación profesional:
Eliminar ascensos por antigüidade. Crear un novo nivel no Grupo de Técnicos, nivel IX, co mesmo salario que o actual Administrativo nivel IX. Grupo administrativo: cambiar denominación por Grupo Administrativo-comercial. Manter actual nivel IX co mesmo nome. Crear un novo nivel: XII, cun salario equivalente ao 75%  do actual nivel XI. Obxectivo: que as empresas se animen a contratar.

Antigüidade:
Supresión concepto antigüidade como elemento retributivo. Na mesma medida que non se prima o aumento da idade a nivel fiscal, tampouco ten sentido retribuír economicamente a permanencia nas empresas porque, segundo AEB, esta circunstancia non aporta máis valor ao traballo desenvolvido. Se se quere premiar a permanencia pódense usar os premios de fidelidade.

Participación en beneficios:
Eliminar criterio actual, porque é fundamentalmente o beneficio obtido no pasado e non o acadado no presente. Os bancos deben partir da mesma liña de competitividade, de xeito que non haxa diferenzas entre eles. Non pode ser que unha persoa que empece traballar no sector, teña uns ingresos anuais distintos segundo o faga nun ou noutro banco. Propoñen substituír as actuais pagas de beneficios por outro concepto, referenciado ao RAE do sector. —Artigo 19.8 (RAE): adaptar á realidade o método de cálculo.

Tempo de traballo:
Xornada e horarios: Posibilidade de negociación a nivel de empresa, así como posibilidade de establecer unha cláusula de flexibilidade horaria para o persoal comercial (como xa se contempla nalgúns acordos de libranza de sábados a nivel das empresas). Suprimir horario reducido na semana de festa maior.

Vacacións e licencias:
Supresión da bolsa de vacacións. Das licencias din que hai que revisalas.

Traslados:
Din que non é preciso que se regulen no convenio, porque xa o contempla o Estatuto dos Traballadores/as. A respecto das comisións de servizos, din que só queren deixalas cando sexa necesario un cambio de residencia temporal. A respecto do artigo 30, reclaman pasar do radio de 25 km. a 50 km.; estudarían a posibilidade de compensación por desprazamento superior a 25 km.

Conciliación:
Non teñen ningunha proposta concreta. Será que pasan do tema?

Réxime disciplinario:
Adaptar á lexislación (ET) e á realidade actual. Queren ter unha sesión específica para tratar este tema.

Salarios:
Non queren falar até que non se concrete o conxunto do Convenio.

A patronal presenta esta proposta porque pretende modernizar o Convenio, eliminando os seus actuais conceptos «obsoletos». Reclaman que reflexionemos sobre as súas alternativas, para acadar un bo acordo para o sector e o conxunto dos traballadores e traballadoras. Retrotráenos a tempos pasados, coa perda de salario e endurecemento das condicións laborais. Pretender que reflexionemos sobre a aceptación de perda de dereitos é realmente inaceptable, e isto non se trata de ser máis ou menos modernos.




Ligazóns relacionadas:

Plataforma CIG XXXIII Convenio Banca [.pdf • 167 kB]

- AEB XXXIII Convenio Banca [.pdf • 244 kB]

- ELA XXXIII Convenio Banca [.pdf • 90 kB]

- LAB XXXIII Convenio Banca [.pdf • 1'1 MB]




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 150327 [.pdf • 156 kB]


Ningún comentario: