5 de marzo de 2015

8 de marzo: traballo digno, salario xusto

manifestación do 8 de marzo en Compostela

O vindeiro domingo 8 de marzo, a CIG participará como organización convocante, xunto con outras organizacións que forman parte do , nunha mobilización UNITARIA que sairá ás 12 h. da de Compostela. Facemos un chamamento á vosa participación activa na mesma.

A Secretaría das Mulleres da CIG levará faixa propia co lema da campaña do 8 de marzo «Salario xusto. Traballo digno» campaña coa que pretendemos facer unha chamada de atención sobre cal é a realidade laboral das mulleres galegas, que fica abranguida entre a emigración, o paro e o infraemprego.

Cartaz da campaña da CIG «Salario xusto. Traballo digno»
Reivindicamos a conmemoración do 8 de marzo como unha data combativa, que visibilice o esforzo das mulleres que loitan contra a opresión, que se confrontan contra este sistema capitalista, patriarcal e antigalego, contra as políticas da dereita que atacan frontalmente os dereitos sociais, laborais, sexuais e reprodutivos das mulleres, por iso animámosvos a participar na manifestación unitaria do movemento feminista galego o vindeiro domingo, 8 de marzo.



Ligazón relacionada:

Convocatoria da manifestación: noticia no xornal «Avantar»



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Ningún comentario: