16 de xuño de 2014

Convocatoria Ascensos por Capacitación 2014

Como cada ano, BBVA convoca os ascensos por capacitación, polo que vos achegamos un resumo que esperamos sexa de utilidade. Lembrade que o prazo de inscrición remata o 30 de xuño.

Podedes atopar o regulamento no e-spacio, en Normativa, buscando polo número de comunicación:
NIVEL VIII: GR.13.006
NIVEIS IX e X: GR.13.005
A presentación de solicitudes de admisión farase por correo electrónico á dirección

concurso - oposicion @ bbva . com

seguindo as instrucións que vos relatamos deseguido:

Asunto: «Solicitud de inscripción año 2013»
Texto: Será necesario incluír os seguintes datos do /a solicitante:
Nome do concurso: O que proceda. Só un en cada correo.
«Concurso para ascensos por capacitación al Nivel VIII del Grupo Técnico»
«Concurso para ascensos por capacitación al Nivel IX del Grupo Administrativo»
«Concurso para ascensos por capacitación al Nivel X del Grupo Administrativo»
Código de Usuario / Matrícula Empregado/a
NIF.
Apelidos, Nome

Para dar por boa a admisión, tedes que recibir un correo de confirmación. Para os/as non admitidos/as, existe posibilidade de reclamación ata o 20 de xullo a través do SAE, ou ben enviando un correo electrónico á dirección concurso - oposicion @ bbva.com

Lembrade que quen o precise, todos os anos pódense solicitar os manuais en papel, enviando unha solicitude razoada ao correo electrónico do Centro de Formación da D.T Noroeste:

formacion . noroeste @ bbva . com ,

indicando a dirección da oficina á que se deben remitir. Se tivésedes algún problema, contactade cos nosos/as delegados/as.

Deste xeito facilítase o estudo, xa que a extensión da materia fai que non sexa sempre posible nin recomendable o estudo directo dende a pantalla, nin a impresión de cada manual páxina a páxina.

Temos tamén que recomendar unha vez máis que toda aquela persoa que poida, se presente as probas, xa que o ascenso, que conta dende xaneiro de 2013, é importante, afecta ao soldo pensionable, e non é unha retribución voluntaria que poida aparecer ou desaparecer a vontade da patronal.

Xa vos comunicaremos con tempo a data do exame, que será no último trimestre do ano. Normalmente ten lugar a mediados de novembro.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Ningún comentario: