13 de novembro de 2013

Nova reforma das pensións

A nova reforma das pensións, un novo roubo!

Na CIG acordamos convocar manifestacións en todas as comarcas do país, o 14 de novembro, contra a nova reforma das pensións. O 70% de pensionistas na Galiza cobra menos de 1.000 euros e son estas pensións as que están salvando ás familias. Con esta reforma se empobrece ás galegas e galegos porque temos os salarios máis baixos, máis precariedade no traballo e menos anos cotizados.

Poñemos en cuestión o informe do comité de «expertos» no que se basea a reforma, porque das 12 persoas escollidas polo PP para formar parte do mesmo, 9 representan a bancos e aseguradoras, interesadas en potenciar os fondos privados de pensións.


Por iso, cuestionamos que a primeira proposta deste comité sexa precisamente a modificación da Lei que actualizaba as pensións cada ano, como mínimo, ao nivel do IPC. Entendemos que coa anterior Lei xa se perdía poder adquisitivo (diferenza entre o IPC real e o oficial). Agora, o goberno do PP aplicará de suba nas pensións un 0,25%, polo que en relación ao IPC dos últimos 5 anos, unha pensión de 1.000 /mes perdería 95 /mes (o 9,5% do seu poder adquisitivo).

Tamén dende a CIG, denunciamos que a finais de ano se prepara unha nova modificación desta reforma que en 10 anos podería reducir a súa contía até nun 20%. Para iso aplicarannos un coeficiente sobre a esperanza de vida co que «manipulan os datos para o seu propio interese, pois saben que as persoas con menor renda —a clase traballadora con oficios máis duros— ten unha esperanza de vida 10 anos menor que as persoas máis ricas. Polo tanto, teñen unha pensión máis baixa e viven menos anos».

Comparando as pensións doutros países europeos, evidénciase que é mentira o que di o PP, que asegura que se non se fai a reforma, no 2060 as pensión suporían o 16% do PIB. Agora as pensións representan tan só o 10% do PIB, mentres en Italia son o 16%, en Francia o 14,6%, en Alemaña o 12,8% e a media da UE o 13%. Polo que o Estado español, se quere chegar a media europea, tería que incrementar o gasto en pensións en 60.000 millóns de euros.

Hai que lembrar que no Estado español, pese a ter una recesión ou depresión dende o ano 2008 cunha alta taxa de desemprego (sobre 5.000.000 parados/as), a caixa da Seguridade Social tivo excedentes todos os anos agás 2012. Que pasará cando non haxa tanto desemprego? Claro que a política económica deste goberno vai na dirección de privatizalo todo (Pensións, Sanidade, Educación, Correos, Loterías, Renfe, Caixas de Aforro… etc).
En fin, estamos ante unha imposición dun novo Modelo Económico que aproveita o momento de «shock social» para retrotraernos a principios do século XX.

Por todo isto, esperamos contar coa vosa presenza nas manifestacións convocadas nas distintas comarcas


Manifestacións en defensa das nosas pensións, este xoves, 14 de novembro de 2013 ás…

19:30 h.


20:00 h.


Horarios (CUT+1.)

Mobilízate coa CIG. Non aos recortes nas pensións !!!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 131114 [.pdf • 25'6 Kb]

Ligazón relacionada:


Tríptico:
«Unha nova reforma das pensións, un novo roubo!» [.pdf • 1'53 Mb]



Ningún comentario: