31 de maio de 2012

Convocatoria Ascensos por Capacitación 2012

BBVA convoca os ascensos por como cada ano, polo que vos axuntamos un resumo que esperamos sexa de utilidade. Podedes atopar o regulamento no espacio, en Normativa, buscando polo número de comunicación:

  • NIVEL VIII: GR.11.002
  • NIVEIS IX e X: GR.11.001

O prazo de admisión de solicitudes desta convocatoria finaliza o 30 de xuño.

Ollo!!! Cambia o modo de presentación de solicitudes de admisión que se farán por correo electrónico á seguinte dirección e seguindo as instruccións que vos relatamos a seguir:


        concurso - oposicion @ grupobbva . com  

Asunto: «Solicitud de inscripción año 2012»

Texto: Será necesario incluír os seguintes datos do /a solicitante:

  • Nome do concurso: O que proceda. Só un en cada correo.
    • «Concurso para ascensos por capacitación al Nivel VIII del Grupo Técnico»
    • «Concurso para ascensos por capacitación al Nivel IX del Grupo Administrativo»
    • «Concurso para ascensos por capacitación al Nivel X del Grupo Administrativo»
  • Código de Usuario / Matrícula Empregado/a
  • NIF.
  • Apelidos, Nome

Para dar por boa a admisión, tedes que recibir un correo de confirmación.

Lembrade que quen o precise, poderá solicitar os manuais en papel, enviando unha solicitude razoada ao correo electrónico do Centro de Formación da D.T. Noroeste: formacion.noroeste@grupobbva.com, indicando a dirección da oficina á que se deben remitir.

Deste xeito facilítase o estudo, xa que a extensión da materia fai que non sexa sempre posible nin recomendable o estudo directo dende a pantalla, nin a impresión de cada manual páxina a páxina.

Temos tamén que recomendar unha vez máis que, toda aquela persoa que poida, se presente as probas, xa que o ascenso, que conta dende xaneiro de 2012, é importante, afecta ao soldo pensionable, e non é unha retribución voluntaria que poida aparecer ou desaparecer a vontade da patronal.

Xa vos comunicaremos con tempo a data do , que será no último trimestre do ano. Normalmente ten lugar a mediados de novembro.

Seguiremos procurando información destes temas e contamos coa vosa colaboración para que nos comuniquedes calquera problema, dúbida ou inquietude que teñades ao respecto.



Comunicado 120601 [.pdf • 44 Kb]

Ningún comentario: