11 de xullo de 2011

Cincoenta homes por 10 reás: despiden alegando perdas de 33 euros

Imaxe da concentración desenvolta o 21 de setembro 2010, na oficina principal de A Coruña, contra a deslocalización no Banco Gallego  Concentración na OP do «Banco Gallego» en A Coruña
  Foto: (cc) Xornal Avantar

O noso no libro «Cincoenta homes por dez reás», fixo unha alegoría sobre o baratos que resultan moitos homes. Hoxe, os ilustres directivos do «Banco Gallego» que decidiron despedir por 33 euros, ben merecerían entrar naquela escolma. [.pdf • 15'2 Mb]


O 11 de xullo pasará á historia do como a primeira vez que nun banco se decidiron a despedir a 4 compañeiros alegando causas obxectivas (con 20 días de indemnización por ano traballado). A empresa alega causas produtivas debido á suposta evolución económica negativa (volume de negocio, beneficios e clientela) de tres oficinas que queren pechar: Touro, Pino do Val e Ferreira do Valadouro.

Nun dos casos a empresa alega que a oficina tivo unhas perdas no ano 2010 de 73,84 , noutra 33 . Abraiante!!. Para a Dirección do Banco Gallego[.pdf • 236 Kb] perdas de 33  nun ano xustifican despedimentos sumarísimos de traballadores/as con anos e anos de servizo; nun dos casos leva, nada máis nin nada menos, que 46 anos de servizo no banco. Dá igual que o banco tivera beneficios, din que esa oficina vai mal e xa está.

A burbulla na que moitos traballadores/as da banca vivían estoupou fai moito tempo.

O goberno Aznar puxo en marcha o denominado «despedimento express», recoñecían a improcedencia do despedimento no mesmo acto, consignando os 45 días por ano traballado. Esta figura foi utilizada de xeito habitual por moitos bancos.

O goberno Zapatero levou adiante unha reforma laboral, contra a que a CIG convocou unha folga xeral o 29 de setembro e outra o 27 de xaneiro. A reforma facilitaba os despedimentos obxectivos, é dicir cunha indemnización de 20 días por ano traballado. Figura que, por primeira vez na banca, quere utilizar unha empresa.

Coa mobilidade xeográfica, todos e todas estamos expostos a ser trasladados a unha oficina cunha evolución económica negativa como paso previo ao despedimento. Se asignan persoal antigo (que é máis caro) a unha oficina, poden alegar que ao incrementarse os custes baixa a rendibilidade e polo tanto tamén terían motivos para despedir. É o despido libre.

É por iso que o conflito laboral que se inicia no Banco Gallego é un conflito sectorial, de todos e todas os traballadores e traballadoras da banca. Os despedimentos abren unha porta que estaba ben pechada e que entre todos e todas debemos volver a pechar.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 110712 [.pdf • 24 Kb]




Ningún comentario: