4 de abril de 2011

Disque contan que…

Andamos con tantas cousas a voltas e tan pouca ou nada de información de primeira man, que ninguén sabe moi ben a que aterse. Imos dar un repasiño a algunhas delas.


O Proxecto Core: Aínda que a empresa nos pasa a información con contagotas, xa é de dominio da rede os CBC que se incorporarán ata xuño nas provincias galegas. Por se alguén aínda non as sabe, aí os van:
O proxecto CORE
Mes CBC Dotación Postos Eliminados
Actual Final
Totais 7 20 8 12
Abril 9408 — Ferrol - Pz. do Callao (*) 3 2 1
9368 — A Estrada 2 1 1
9349 — Lalín 3 1 2
9390 — Pontevedra - G. Camba  3 1 2
Maio 9366 — Santa Uxía de Ribeira 3 1 2
9407 — Ferrol - Pz. de España 3 1 2
Xuño 9371 — Santiago - Montero Ríos 3 1 2
(*) Non aparece na previsión facilitada onte aos sindicatos para o mes de Abril.

Iso si, insisten en que non haberá prexubilacións e se buscará reubicación axeitada para toda persoa afectada polos cambios. Nós tamén insistimos en que o das prexubilacións pode cambiar máis adiante, e que non vos deixedes presionar para aceptar condicións que non vos parezan xustas: contactade con nós.

As vacacións: Aqueles e aquelas de vós que vos afecte o acordo de libranza de sábados e que pidades o día adicional de vacacións en inverno, tendo 15, 16 ou 17 días de vacacións nos meses que se traballan os xoves, ou unha cuarta quenda de vacacións con 10 ou 11 días nunha quenda de «inverno», ídevos atopar con que o sistema non volo admite; contactade con nós, xa que cremos que é unha discriminación provocada pola sinatura dun mal acordo que debemos solucionar o máis axiña posible.

A quincena do Libretón: Xa chegou o correo coas instrucións de como o transportista debe colocar as caixas na oficina, e tamén como as debemos manexar nós. É pola nosa saúde. Se alguén se nega a seguir as normas, avisade ás persoas responsables e, se non fan caso, contactade con nós.

As fotos: Ao parecer, andan a sacar fotos de parte do persoal para poñer en pantalla nas oficinas. Para poder facer calquera uso da nosa imaxe, o BBVA ten que nos recoller a nosa cesión de dereitos de imaxe. Non só podemos negarnos a esta iniciativa se non estamos de acordo, senón que segundo a Lei, podemos revocar a cesión en calquera momento. Teriámosvos informado antes... se alguén nos informara a nós destas ocorrencias da empresa. Contactade ante calquera dúbida.

Reunións: Ademáis das invitacións que fai formación convocando ao persoal para que non lle dea tempo a comer (lembrade que son só invitacións, como nos lembran dende RR.HH, e a próxima vez non vaiades se non poñen un horario adoitado), a nosa Sección Sindical foi convidada a Madrid o luns para falar cos representantes da empresa, ao parecer polos temas salientados na pasada Xunta de Accionistas. Esperamos ter a oportunidade de trasladar todas as vosas inquedanzas.

Seguiremos a informar do que se conte por aí...



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 110401 [.pdf • 30 Kb]

Ningún comentario: