2 de abril de 2011

Constituida a mesa negociadora do Convenio da Banca

O día 31 de marzo constituíuse a mesa negociadora do Convenio de Banca, na que a CIG, sindicato maioritario a nivel galego reivindicou unha vez mais un Convenio Galego, unha descentralización da negociación colectiva que defenderemos o vindeiro 5 de abril manifestándonos en Madrid.


Pola súa parte a AEB, que fixo unha intervención xeral sobre o marco en que se dá esta negociación, avanzou varios dos puntos nos que quere incidir: Desaparición da antigüidade (unha teima de todas as patronais) e traer a convenio a flexibilidade horaria pactada a nivel dos diferentes bancos.

Destacou a AEB que malia a crise económica que consideran externa, a Banca española demostrou unha gran fortaleza e que vai ben. Ademáis a actual restruturación do sector financeiro pode ser unha oportunidade para a banca privada, polo que dende a CIG consideramos que a negociación dáse nun marco expansivo que nos debería permitir avances significativos na regulación das condicións laborais.

Malia non ser habitual temos que ser críticos con CC.OO, no seu comunicado previo «Propostas para o XXII Convenio de Banca» falou de que «se afronta el convenio en circunstancias bastante difíciles...», «no ignoramos la situación económica actual que vivimos». A patronal di que a Banca vai ben e o sindicato que ten a maioría na mesa di que as cousas están mal, un derrotismo sindical perigoso que quizás tenta xustificar antes de tempo a sinatura dun mal convenio.

Tamén queremos deixar claro que cun IPC situado en torno ao 3,6 %, a CIG considera insuficiente a proposta de suba salarial entre o 1-2 % proposta por ese sindicato.

Coma en todas as negociacións precedentes a patronal virá a tentar tirar vantaxes recortando condicións laborais. É sindicalmente co derrotismo imposibilítase unha unidade de acción que podería ser importante nalgún momento da negociación. A vindeira reunión quedou convocada para o 27 de abril.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 110331 [.pdf • 62 Kb]

Ningún comentario: