12 de marzo de 2011

Galiza ten dereito! En defensa do aforro, do emprego e do País

Galiza ten dereito!
A CIG e o BNG convocan a unha manifestación nacional este domingo, 13 de marzo ás 12:00 h. (CET) dende a Alameda de baixo o lema «Galiza ten dereito! En defensa do aforro, o emprego e o país».

A marcha quere ser unha resposta contundente aos ataques que están a padecer sectores estratéxicos do noso País, nomeadamente as caixas de aforros.

A CIG quere subliñar unha vez máis a importancia que ten para a defensa do emprego e o tecido produtivo de Galiza a existencia dunha entidade de aforro baixo control público, que canalice o financiamento para as empresas e o tecido produtivo. Cabe lembrar que novacaixagalicia ten participación en moitas da principais compañías galegas (en sectores tan diversos como o químico, alimentación ou o naval) e é unha fonte de financiamento para as pequenas e medianas empresas.

Por iso a central amósase preocupada polas negativas consecuencias que ten para o noso País que se permita a privatización das caixas de aforros (que controlan máis do 50 %  do aforro) particularmente cando esta decisión non obedece a causas técnicas, senón puramente políticas.

Alén disto, bancarizar as caixas vai lastrar o desenvolvemento do autogoberno, ao non existir unha entidade financeira pública que apoie as decisións económicas, sociais e políticas. A este respecto, hai que lembrar que as caixas de aforro son competencia das Autonomías; unha competencia que o goberno español ten invadido para atender as demandas da oligarquía financeira.

Ligazóns relacionadas:

(CIG)
(BNG)



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: