11 de maio de 2010

Non ao acoso laboral no BBVA!!!

Acoso Laboral
Recentemente tivemos novas de que un rapaz que levaba dous meses no banco, presentou a súa renuncia ao resentirse a súa saúde debido ás continuas presións que recibía por parte da dirección da súa oficina.

Estamos a ter, nos últimos tempos demasiadas novas sobre comportamentos inexplicables por parte do departamento de RR.HH da Territorial, e este non é mais que un de eles; e é que cando unha persoa nesta situación se presenta dicindo que quere renunciar

• Como se pode non informarlle do seu dereito a acudir ás reunións coa empresa na compañía dun representante sindical para que o poida asesorar, e facer así que dispoña desa opción?

• Como se pode tentar xustificar o comportamento do director con comentarios do tipo «xa sabemos como é, tes que entendelo» ou «é o seu carácter»?

• Como se lle pode dicir, que «se o tivera dito antes...»? pero... Antes de que?

• Como se lle pode non acusar recibo da carta de renuncia que lles fixo chegar?

A soidade e indefensión que debeu sentir o compañeiro neses momentos debeu ser terrible.

Por suposto, imos facer un especial seguimento do que ocorra nesa oficina, e do que fai á empresa ao respecto, xa que é un tema moi serio e non se debe consentir.

Nós soubémolo tarde. Esperamos que non volva a pasar. É labor de todos e todas denunciar estes casos. Se non contamos coa vosa colaboración, o departamento de RR.HH ignora as nosas queixas.

Está nas nosas mans loitar contra estas condutas e impedir que sexa tarefa fácil para a empresa consentilas, ocultalas ou protexelas.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: