3 de xullo de 2008

A Consellería de Traballo implícase no conflito

O pasado día 2 de xullo unha representación da CIG reuniuse coa Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, co fin de abordar a situación creada polo denominado Plan de Innovación e Transformación que ten en marcha o BBVA e que se traduciría na destrución de 400 empregos na Galiza.

Nesta reunión á que asistiron os compañeiros da Sección Sindical da CIG no BBVA e , xunto co Secretario da Federación , denunciouse que gran parte da carga de traballo que realizaba o persoal do banco está sendo subcontratada a unha empresa participada ao 100 % polo propio Banco chamada , que implantouse no Parque Tecnolóxico de recibindo subvencións da Junta de Andalucía para a apertura do centro así como para a formación deste persoal. Segundo o Banco OP Plus Málaga que iniciou a súa marcha con 200 persoas podería chegar até as 5.000 persoas de aquí ao 2010, coa conseguinte redución de persoal do Banco no resto do Estado, incluída .

Neste senso a Consellería adquiriu o compromiso de entrar en contacto coas autoridades laborais andaluzas, que seguramente son descoñecedoras de que están subvencionando a destrución de emprego fixo en Galiza e no resto do Estado.
Por parte da CIG, é dado que o Banco alega que este non implica redución dos postos de traballo na Galiza, expuxemos que estamos dispostos a asinar coa empresa un compromiso de mantemento do emprego, solicitando unha mediación por parte da Consellería.
A subdirectora Xeral de Relacións Laborais asumiu o compromiso de trasladarlle ao BBVA a súa preocupación pola posible destrución dos postos de traballo, así como da conveniencia de celebrar unha reunión a tres bandas co fin de chegar a un compromiso de mantemento do emprego. De darse esta reunión insistimos na conveniencia de que se teña en conta a todos os sindicatos con representación no BBVA en Galiza.
Anunciou tamén que entraría en contacto con outras autoridades laborais a nivel estatal para poñer en coñecemento das mesmas o que está a acontecer no BBVA.

En vindeiros días agardamos que esta iniciativa vaia collendo corpo e informarémosvos de calquera noticia que teñamos ao respecto.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: