3 de outubro de 2007

Cuartos de paga minguados para o colectivo ex Arxentaria

Na pasada nómina de setembro, a empresa abonou finalmente o cuarto de paga que fora acordado na firma do último .
Temos que sinalar como, ao persoal con soldo pechado, lle foi «compensada» esta paga de xeito que houbo quen non recibiu nin un peso extra. Cremos que é un comportamento avaro por parte da empresa que tenta de aforrar cartos de calquera xeito e especialmente a costa do seu persoal. Pero é que, por se isto fora pouco, o cálculo da paga para o colectivo provinte da antiga Arxentaria está mal feito:
Para o cálculo dos cuartos de paga, tense que tomar:

SALARIO BASE  e  ANTIGÜIDADE TOTAL.

No cuarto de paga abonado na nómina de setembro ao colectivo ex . FALTA A ANTIGÜIDADE CONSOLIDADA

O cálculo só tomou en conta o salario base e a antigüidade dende a fusión. Este erro no cálculo varía moito nos importes en función da antigüidade, do colectivo de procedencia e as categorías nas que se devengaban as pagas por antigüidade, pero en todos os casos SON PERSOAS ÁS QUE BBVA NON LLES PAGOU A TOTALIDADE DO SEU CUARTO DE PAGA.

Esta Sección Sindical, vai denunciar o feito ante a UTRH para que procedan a regularizar o erro, e seguiremos informando sobre os avances no tema.
Contade con que se trata dun dereito salarial, polo que de non facer a corrección, calquera persoa do colectivo afectado pode pór unha reclamación individual chegado o caso.

Podedes consultar coa vosa representación sindical para calquera dúbida ou aclaración.



Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: