12 de setembro de 2007

Finiquito aos Beneficios Sociais

tesoiras

Tanto a empresa como algúns Sindicatos firmaron recentemente un preacordo sobre do que parecen moi satisfeitos.

A nosa opinión é que é tan malo, que até a compensación económica é inferior en dez euros á da última proposta (xuño 2007), e hai nada menos que oito anos, ofrecían unha compensación de 800 euros en lugar de 570. Botade cálculos…

Ademais, o agravio comparativo que veñen sufrindo algúns colectivos (con menos dereitos que un novo incorporado), ao parecer non debe ser compensado de ningún xeito. Nin tan sequera ofrecen que se lles dea un rescate dos premios de antigüidade dende a data da fusión.

A negociación é tan sospeitosa que BBVA só chama aos sindicatos non dispostos a aceptar pérdidas para o persoal cando non pode evitar o requisito legal da súa sinatura… e normalmente, nunca antes de pechar algún preacordo con outros.

A nosa impresión é que o concepto de Beneficio Social, se non morto de todo, dende logo está nas últimas, e que o banco tan só ten interese en gastar menos cartos, pero non en procurar melloras sociais para a súa xente.

En calquera caso, polo camiño que imos pronto vai dar igual se permitimos que coa externalización de servizos se marxine a contratación polo Convenio de Banca.

Pode que sexa un bo momento para reflexionar sobre os resultados obtidos nas recentes eleccións Sindicais e os «grandes logros» que se están acadando…

Dende a fusión houbo multitude de oportunidades para negociar coa empresa facendo presión, nembargante se teñen firmado (non nós, claro) acordos coma o de horarios de oficinas SFP sen que supuxera vantaxe algunha para o persoal.

Co «cheque» asinado no preacordo, mércanse os Beneficios Sociais a prezo de saldo, e se desanda un camiño de conquistas sociais que custou moito acadar.

Esta Sección Sindical non está satisfeita coas condicións reflectidas no texto que lle fixo chegar BBVA, incompleto e xa asinado, nin coas recollidas na páxina de CC.OO onde o texto figura completo.

Neste mes convocarannos a unha reunión en na que quererán pechar o tema. Xa estamos traballando para tentar conseguir mellores condicións para todos e todas.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: